Marta Fernández-Tapias destaca la contribución de la Xunta a la mejora de la calidad de vida local con medidas que redundan en el bienestar de todo el vecindario

|

  • O Goberno galego destinou este ano 600.000 euros ás 43 subvenciones concedidas na área territorial de Vigo no marco do Plan específico de acción comunitaria
  •  A delegada territorial da Xunta visitou hoxe a Asociación de Veciños Rosalía de Castro na Salgueira, unha das 14 entidades da cidade de Vigo que recibiu apoios
  •  A través desta convocatoria se financian obras nas instalacións de asociacións de veciños e mulleres rurais e de comunidades de usuarios de auga, así como a adquisición de equipamento ou reparación de traídas de auga


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, tivo oportunidade de coñecer hoxe outra das obras financiadas polo Executivo autonómico no marco do Plan específico de acción comunitaria. Así, a representante do Goberno galego na cidade achegouse ata a Asociación de Veciños Rosalía de Castro na Salgueira para comprobar o estado dos traballos que se realizaron ao abeiro deste programa.

Segundo informou, o Executivo autonómico destinou este ano 2,5 millóns de euros a esta liña de axudas con 43 subvenciones concedidas na área territorial de Vigo por importe de 601.241 euros. En canto ao concello vigués, foron 14 as asociacións beneficiarias con máis de 201.000 euros.

Entre elas, a Asociación de Veciños Rosalía de Castro, que recibiu este ano 17.000 euros para obras de reforma no local e adquisición de equipamento informático. Neste contexto, Fernández-Tapias destacou a importante contribución do Goberno galego á mellora da calidade de vida local con medidas que redundan directamente no benestar de toda veciñanza.

Asemade, a delegada recordou que este luns finaliza o prazo para que as entidades beneficiarias poidan executar o proxecto subvencionado e presentar a correspondente xustificación dos investimentos realizados.

No marco destas achegas, as asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais beneficiarias reciben apoio para financiar os seus proxectos relacionados co acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e compra de novos equipamentos, o que lles permite manter o seu funcionamento, a prestación de novos servizos e a organización de actividades.

En canto ás comunidades de usuarios de augas, incluídas na orde, ademais dos anteriores investimentos, poden destinar estas axudas a obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias.

Thumbnail 20211111AAVVRosaliaCastroSalgueira3



Comentarios