Especialistas de toda España se reúnen en Vigo para actualizar procedimientos en trombosis y hemostasia

|

Participan no curso de formación continuada que organiza a Sociedade española da especialidade coa colaboración do servizo de Hematoloxía da Área Sanitaria viguesa


Vigo convértese, hoxe e mañá, no epicentro da hematoloxía española con motivo da celebración do XVI Curso de formación continuada que organiza a Sociedade Española de Trombose e Hemostasia e que conta coa colaboración do servizo de Hematoloxía da Área Sanitaria de Vigo.

O obxectivo do curso é actualizar os coñecementos na área da hemostasia e trombose, xa que este é un campo en continuo desenvolvemento, tanto dende o punto de vista das súas causas, moitas veces con bases xenéticas, como na aparición de novos tratamentos. A importancia do curso reflíctese en que o presidente da sociedade española, José Antonio Páramo, impartirá un dos relatorios, concretamente o que se refire a “Resposta inflamatoria e fenotipos pretrombóticos”.

A xefa do servizo, Carmen Albo, participará no acto de apertura do curso, e 2 hematólogos da Área Sanitaria, os doutores Manuel Rodríguez e Elsa López, ofrecerán varias relatorios. O primeiro, como moderador do apartado “ Coagulopatías conxénitas e adquiridas”. Pola súa banda, a doutora López Ansoar intervirá nese mesmo apartado cun relatorio sobre o “Diagnóstico da enfermidade de Von Willebrand” .

Avances en fisiopatología cardiovascular, patoloxía da hemostasia na muller e o neno, trombose e tratamento antitrombótico e avances en inflamación e trombose, son os grandes apartados, ademais do xa mencionado, de que constará o curso de formación continuada.

“É unha boa noticia que se elixira a Vigo para a celebración deste encontro de actualización de procedementos, porque pon de manifesto o importante nivel que temos aquí no referido a estas especialidades”, explicou a doutora Carmen Albo.


Elsa Lu00f3pez, Carmen Albo y Manuel Rodru00edguez


foto: os tres hematólogos participantes no curso, a xefa do servizo, Carmen Albo e os doutores Elsa López e Manuel Rodriguez

Comentarios