El personal de Vitrasa retomará la huelga el 19 noviembre ante el rechazo de la empresa a todas las propuestas del comité

|

  • Os paros desenvolveranse primeiro os venres e os sábados, e a partir do 13 de decembro pasarán a ser de luns a venres de xeito indefinido

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, decidiu retomar a folga debido á actitude inmobilista da empresa ao longo de case un ano de negociacións. A representación do persoal destaca a súa flexibilidade nas negociacións, xa que para non reactivar as mobilizacións achegou propostas relativas unicamente á mellora das condicións de traballo, como descanso durante a xornada, duración máxima da xornada diaria, tempos de percorrido, etc, deixando en segundo plano a parte económica para unha negociación posterior. Os paros comezarán o vindeiro 19 de novembro e desenvolveranse primeiro todos os venres e os sábados, pasando a partir do 13 de decembro a ser de luns a venres de xeito indefinido, a excepción dos festivos. A principal cuestión que imposibilita o acordo ten que ver coa demanda da parte social de que se garanta o descanso mínimo dentro da xornada, algo que na actualidade non sucede como consecuencia das obras e do tráfico intenso. Isto está a supoñer un incremento exponencial das baixas por motivos psicolóxicos polos altos de estrés e ansiedade. En canto aos percorridos, denuncian que son imposíbeis de cumprir, “o que sumado ás obras que hai en marcha na cidade e aos atascos que se forman provoca unha gran tensión e altos niveis de estrés ao volante, por non falar da falta de descanso que todo isto provoca”. Outra das demandas ten que ver coa redución da xornada laboral diaria e anual para que o persoal de condución non padeza xornadas de até 10 horas diarias. Outras diferencias teñen ver coa coa contratación precaria do persoal eventual, exceso de horas extra, etc.

Comentarios