El Partido Popular celebrará el congreso local de Vigo el 18 de diciembre

|

  • A data aprobouse no Comité Executivo provincial que se celebrou esta tarde.
  • Tamén se acordou celebrar nos próximos cinco meses congresos en Pontevedra, Cuntis, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Tui, Redondela, Dozón, Agolada e Forcarei.


O Partido Popular de Pontevedra celebrou esta tarde a reunión do comité executivo provincial que, entre outros acordos, aprobou celebrar XIII congreso local en Vigo o sábado 18 de decembro. Ademais, o comité executivo, presidido por Alfonso Rueda, decidiu que, tras este congreso, tamén se celebren nos próximos cinco meses cónclaves locais en Pontevedra, Cuntis, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Tui, Redondela, Dozón, Agolada e Forcarei.

“Despois do congreso provincial, é momento de renovar e fortalecer as estruturas locais do partido”, defende Rueda, que destaca que “se fai con tempo suficiente” para preparar as municipais de 2023. “Hai que crear equipos, con xente que xa estaba e persoas que se están incorporando ao partido; é fundamental mobilizar aos afiliados e simpatizantes e, sobre todo, saír á rúa para escoitar o que precisan e esperan de nós. O PP aspira a trasladar Gobernos estables a todos os concellos da provincia”, sinalou.

Así, o primeiro congreso en celebrarse será o de Vigo, que actualmente conta cunha xestora, unha situación transitoria e temporal que se tivo que prorrogar no tempo a causa da pandemia sanitaria.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS

Os militantes que desexen optar á presidencia do partido poderán presentar a súa candidatura entre mañá, 18 de novembro, e o 2 de decembro, que terá que ir acompañada de 35 avais. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidatos, abrirase unha campaña interna de 10 días, desde o sábado 4 ao luns 13 de decembro, para que poidan expoñer o seu programa para a nova etapa e buscar apoios.

Tamén entre mañá, 18 de novembro, e o 2 de decembro, os afiliados do PP de Vigo que queiran participar no Congreso local poden formalizar a súa asistencia.


Comite executivo PP 1



Comentarios