La A.V. de Teis, reclama una oficina de información sobre lo Pgom en Teis.

|

A Asociación Veciñal de Teis, a pasada semana dirixiuse por escrito a María José Caride, Concelleira de Urbanismo, solicitando a posta en funcionamento dunha oficina de información sobre o PXOM en Teis, durante o período de exposición pública até o 18 de xaneiro de 2022.

Tomouse a decisión de solicitar está oficina, logo da asemblea veciñal celebrada o pasado xoves no auditorio de Teis, para analizar o impacto do PXOM en Teis, onde chegouse a conclusión de considerar insuficiente, unha única oficina municipal existente no auditorio “ Mar de Vigo “, para atender a elevada demanda de consultas que ten veciñanza de Teis sobre o documento do PXOM.

Desde a Asociación, estamos facendo un esforzo por informar a veciñanza cos medios limitados cos que conta Asociación, que non dispón de ningún técnico contratado.

A única documentación facilitada polo Concello a esta Asociación, foi un xogo de planos ou acceder ao documento que está na páxina web do Concello.

O goberno municipal, tendo en conta a importancia do documento do PXOM, debe por máis medios de xeito inmediato para clarificar dubidas, que se coñeza pola veciñanza o PXOM e que a veciñanza afectada poda presentar alegacións ao mesmo.

Desde a Asociación, poñemos a disposición da Concellaría de Urbanismo, o noso local social, para que sexa o punto de información para veciñanza de Teis.

Por último, sinalar que nesta asemblea veciñal, había moito malestar como está a desenvolverse o período de exposición pública e polo deseño do PXOM en Teis (Peris, plans especiais de protección, ampliación de viais,...)

IMG 20211118 194320



Comentarios