Personal de Otis en huelga se moviliza en las instalaciones de la compañía en Vigo en defensa de sus derechos laborales

|

  • A empresa está a precarizar as condicións de traballo a nivel estatal e quere impoñer unha dobre escala salarial

Persoal de Otis en Vigo mobilizouse hoxe diante das instalacións da empresa na cidade coincidindo coa folga convocada a nivel estatal contra a intención da compañía de desmantelar o convenio colectivo vixente na empresa dende 1979 “para comezar de cero” cun acordo que empeore as condicións de traballo. De feito, a dirección xa leva tempo atacando os dereitos do cadro de persoal aproveitando tanto a pandemia como o feito de que o convenio leva caducado dende decembro de 2019. Neste contexto está a obrigar os técnicos/as a realizar labores comerciais, ao tempo que aumentou o número de ascensores que ten que atender cada operario/a. “Pero a xente aguanta porque ten medo de rematar na rúa, como lle aconteceu a 17 persoas no verán do ano pasado”, sinalan traballadores/as de Otis afiliados á CIG. Posteriormente a compañía continuou despedindo persoal sen causas xustificadas, sumando 10 novas rescisións de contrato. Diante disto, o cadro de persoal optou por convocar varias xornadas de folga a nivel estatal e mobilizacións como a que hoxe tivo lugar en Vigo, onde o seguimento do paro foi total entre os 30 traballadores/as do taller, mentres que unicamente se presentaron no seu posto os 10 de oficinas 

21 11 25 Folga Otis Vigo 01



Comentarios