Jorge Cubela PP de Pontevedra exige a Carmela Silva que asuma su responsabilidad política por el enchufe de su cuñada

|


  • Cubela considera que non é casualidade que a persoa para a que se preparou un plan de contratación oculta sexa a cuñada da presidenta provincial.



O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra pide explicacións á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tras a sentenza do Tribunal Supremo, que confirma a condena a un funcionario do Concello de Vigo polo plan para a contratación oculta da súa cuñada. O voceiro Jorge Cubela esixe a Silva “que asuma a súa responsabilidade política, xa que considera que non é casualidade que a persoa enchufada sexa a súa cuñada”.

Cubela di que non é un asunto menor, “é unha sentenza dura, con condenas moi serias para o funcionario e para o administrador da empresa como cooperador necesario, e alguén debe asumir a responsabilidade política. Tras a condena de cinco anos e tres meses de prisión por prevaricación, malversación e falsedade documental, hai unha persoa con responsabilidades políticas que ten que dar a cara e asumir estes feitos tan graves”.

Por iso entende que Silva “xa non pode permanecer máis tempo calada, ten a obriga de dar explicacións públicas ante uns feitos tan graves que están poñendo en cuestión a súa xestión tamén ao fronte da Deputación de Pontevedra”.


“Reclamamos transparencia. Carmela Silva xa non se pode esconder máis, é momento de que sexa valente e que dea as explicacións que os cidadáns precisan. É momento de que comece a falar, o silencio non pode ser unha opción por máis tempo, leva demasiado tempo calada sobre este asunto”.


Comentarios