El BNG propone una Oficina Anticorrupción para impedir que se vuelvan a producir casos de enchufismo en el Ayuntamiento de Vigo

|

  • A fronte nacionalista exixe explicacións e responsabilidades políticas pola trama corrupta para contratar a unha familiar dunha destacada membro do Goberno municipal.
  • Xabier P. Igrexas: “É o momento de despregar medidas efectivas de tolerancia cero fronte a calquera práctica irregular ou risco de corrupción”.







O Bloque Nacionalista Galego propón a creación dunha Oficina Municipal Anticorrupción para impedir que se repitan casos de corrupción e enchufismo como o que vén de confirmar o Tribunal Supremo contra un alto funcionario do Concello de Vigo pola contatación ficticia a cargo de diñeiro público, mediante contratos menores cunha empresa concesionaria, dunha familiar dunha destacada membro do Goberno municipal.

“Cómpre que diante desta situación haxa tamén asunción de responsabilidades políticas ou cando menos que se dea algunha explicación”, reclamou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas. “As viguesas e os vigueses teñen dereitoa saber que sucedeu para que un alto funcionario, que non era unha persoa calquera dentro do organigrama municipal, puidese acometer este tipo de prácticas corruptas”.

A fronte nacionalista propón a creación unha Oficina Anticorrupción dentro do Concello de Vigo co obxectivo de realizar un control exhaustivo de toda a actividade municipal, nomeadamente daquela que atinxe a utilización de diñeiro público. Un ente que, en opinión das nacionalistas, debe funcionar con “absoluta autonomía” e estar dotado dos medios materiais e humanos suficientes.

Igrexas valorou que deben desenvolverse accións urxentes para evitar que se repitan estes casos. “É o momento de despregar medidas efectivas de tolerancia cero fronte a calquera práctica irregular ou risco de corrupción”, subliñou o concelleiro nacionalista, que lembrou que a propia Intervención Municipal ten recoñecido de maneira reiterada a falta de medios suficientes para realizar este control dos recursos municipais.

Vixilancia da contratación

Nesa liña, no BNG reiteran taména necesidade de dar cumprimento ao regulamento orgánico do Pleno de Vigo, que recolle a obriga de constituír unha Comisión Informativa de Vixilancia da Contratación. “As sucesivas auditorías e controis económico-financeiros do Concello advirten de maneira reiterada do abuso estrutural da fórmula da contratación menor”, sinalou Igrexas para evidenciar a urxencia deste mecanismo de fiscalización.

“Os contratos menores son unha fórmula legal, mais entendemos que debe ser restrinxida, co menor uso posíbel, e desde logo de maneira xustificada e transparente”, explicou o portavoz municipal do Bloque. “Non se poden utilizar como vén de suceder para esquivar os controis ordinarios do proceso de licitación pública. Non poden ser unha barra libre nin unha porta aberta á corrupción”.

Comentarios