Luis López PP : “Carmela Silva, Caballero y el PSOE tienen que salir de su escondite y asumir responsabilidades políticas por la trama de contratación en Vigo”

|

  • Recorda que hai un alto funcionario e un empresario subcontratado polo Concello de Vigo condenados por idear unha trama de facturas falsas con fondos municipais para enchufar á cuñada da presidenta da Deputación
  • “Un caso moi grave polo que aínda ninguén asumiu a súa responsabilidade. Ou acaso é unha coincidencia que a persoa que se beneficia desta trama sexa, xustamente, a cuñada de Carmela Silva?”, pregunta



O secretario do PP de Pontevedra, Luis López, pide a Carmela Silva, a Abel Caballero e o PSOE provincial “que saian do seu escondite e asuman a súa responsabilidade política” ante a trama de corrupción ideada para enchufar á cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra.

O popular critica o silencio que se instaurou nos socialistas da provincia desde que o xoves se coñeceu o fallo do Tribunal Supremo, que confirma a sentenza do TSXG. “En calquera partido democrático, ante unha condena firme duns delitos tan graves, teríanse tomado xa responsabilidades políticas. Aquí están calados e desaparecidos”, censura.

López subliña que hai un alto funcionario do Concello de Vigo e un empresario subcontratado polo concello condenados por delitos de prevaricación e malversación de caudais públicos por idear unha trama de facturas falsas para contratar á cuñada da presidenta da Deputación e tenente de alcalde en Vigo, Carmela Silva, que cobrou 108.000 euros de fondos municipais por traballos que non fixo. “Un caso moi grave polo que aínda ninguén asumiu a súa responsabilidade política. Ou acaso é unha coincidencia que a persoa que se beneficia de toda esta trama sexa, xustamente, a cuñada de Carmela Silva? Detrás desta condena de cinco anos e tres meses ao alto funcionario, hai unha persoa con responsabilidades políticas que ten que dar a cara e asumir estes feitos tan graves xa e de xeito urxente

Comentarios