Jorge Cubela Partido Popular pide la dimisión de Carmela Silva tras la sentencia del Supremo por el enchufe de su cuñada

|

  • Cubela: “por responsabilidade política, por ética e por dignidade debe dimitir. Non se entende que outros estean cargando sos co enchufe. Detrás do funcionario hai unha decisión política, interesada, en que se contrate de xeito irregular á cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra”.
  • Critica que “escóndese Carmela Silva, escóndese o alcalde de Vigo, escóndese o PSOE, e mira cara outro lado o BNG provincial, socio de Goberno na Deputación de Pontevedra”.
  • “Estes feitos tan graves poñen, necesariamente, en cuestión a xestión de Carmela Silva tamén ao fronte da Deputación de Pontevedra”.





O Partido Popular pediu hoxe a dimisión de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra e no Concello de Vigo tras coñecerse a sentenza da sala do penal do Tribunal Supremo pola trama para contratar de xeito irregular, e con fondos municipais, á súa cuñada. O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, sinalou que “por responsabilidade política, por ética e por dignidade Carmela Silva debe dimitir. Non se entende que outros estean cargando sos co enchufe. Detrás do funcionario hai unha decisión política, interesada, en que se contrate de xeito irregular á cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra. É inconcibible. Non é unha trama calquera, trátase dunha familiar directa da presidenta da Deputación, polo que algo terá que dicir. E o único que está facendo con respecto a esta situación é esconderse e dar a calada por resposta. Escóndese Carmela Silva, escóndese o alcalde de Vigo, escóndese o PSOE, e mira cara outro lado o BNG provincial, socio de Goberno na Deputación de Pontevedra”.

O popular subliñou que “son delitos moi graves polos que se condena ao funcionario. Prevaricación, malversación e falsidade documental por dar traballo á irmá do marido de Carmela Silva, que recibiu 108.000 euros por uns

traballos que, ademais, non fixo”. Para Cubela “nin Silva nin o PSOE poden estar escondidos máis tempo. Detrás do funcionario, xefe de servizo e afín ao Goberno socialista, hai unha decisión política, e por iso Carmela Silva debe asumir a súa responsabilidade e dimitir no Concello de Vigo e na Deputación de Pontevedra. Ou acaso temos que crer que é unha coincidencia que a trama que idean o funcionario e a empresa concesionaria sexa para contratar, casualmente, á cuñada de Carmela Silva?”

Unha trama a través da que o funcionario é condenado a 5 anos e 3 meses de cárcere, ademais da inhabilitación durante 9 anos, e tamén o administrador da empresa como cooperador necesario. “Estes feitos tan graves poñen, necesariamente, en cuestión a xestión de Carmela Silva tamén ao fronte da Deputación de Pontevedra”.

Ademais, o voceiro popular preguntou “de que estaríamos falando si fose ao revés, si detrás de toda esta trama houbese políticos do PP? Levamos anos escoitando falar nesta casa de prácticas caciquís e resulta que unha das maiores condenas por corrupción da historia recente de Galicia é pola trama da contratación da cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra. E ante todo isto, ela cala e se esconde”.

Cubela recordou que “vai facer unha semana desde que se coñeceu a sentencia da sala do penal do Tribunal Supremo, e continúan calados. Carmela Silva só rompeu o seu silencio estes días para burlarse da estatura do alcalde de Madrid

Comentarios