Tellado dice que el nombramiento de Silva como presidenta del PSdeG convierte a Formoso en cómplice de la corrupción del Ayuntamiento de Vigo

|

  • Cuestiona o mal comezo do secretario xeral dos socialistas galegos, que premia á concelleira tras ratificarse a sentencia polo “enchufe” á súa cuñada
  • Lamenta a falta de educación da presidenta da Deputación de Pontevedra, que ten tempo para criticar o físico do alcalde Madrid, pero non para responder sobre un delito grave

  • Esixe tamén explicacións públicas a Abel Caballero, que permanece calado malia ser alcalde e Xefe de Persoal do Concello de Vigo






O número dous do PPdeG, Miguel Tellado, cualificou como grave que Valentín González Formoso premie a Carmela Silva nomeándoa presidenta do seu partido, definíndoo como un “moi mal comezo para o novo secretario xeral do PSdeG, que dende hoxe se converte en cómplice de corrupción do Concello de Vigo”.

Tellado lembrou que mañá se cumpre unha semana dende que o Tribunal Supremo ratificou a sentencia polo “enchufe” á cuñada de Silva no Concello vigués. Segundo indicou, malia o tempo transcorrido, aínda se segue esperando algunha explicación por parte da presidenta da Deputación de Pontevedra e por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Tralo acontecido, o secretario xeral do PPdeG manifestou que poñer como presidente do partido a unha das persoas máis corruptas do mesmo xa o fixo José Luis Rodríguez Zapatero con Manuel Chaves. “Queda claro que Formoso copia o mesmo modelo”, resaltou engadindo que “O Pino é a Vigo o que Ferraz a Andalucía. Concédense postos representativos obviando as prácticas dubidosas que hai nas súas institucións”.

Ademais, lamentou que Carmela Silva si teña tempo para criticar o físico do alcalde Madrid, José Luis Martínez-Almeida, “demostrando a súa escasa educación”, pero non para responder por que un funcionario que traballaba para ela colocou á súa cuñada cobrando máis de 100.000 euros por non ir ao seu posto.

Do mesmo xeito, cuestionou a actitude de Caballero, que tamén é Xefe de Persoal do Concello de Vigo e, sen embargo, permanece calado: “Dende o PPdeG esiximos que ambos dean explicacións públicas inmediatas sobre este grave caso de corrupción

Comentarios