Pepa Pardo: “Seguimos exigiendo explicaciones y responsabilidades políticas ante un silencio atronador e inexplicable”

|

  • Consideran que Carmela Silva debe dimitir porque “non cabe na cabeza de ninguén que non soubera que a súa cuñada estaba cobrando sen traballar do erario público de todos os vigueses”.
  • Din que “as ameazas non nos van a amedrentar”, en referencia ás declaracións de López Font.


O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra rexistrou esta mañá a solicitude para que se convoque un pleno extraordinario na Deputación de Pontevedra no que a presidenta, Carmela Silva, “asuma a súa responsabilidade política” na trama para enchufar á súa cuñada e “dimita como deputada e, en consecuencia, como presidenta da Deputación de Pontevedra”, sinalou a deputada popular Pepa Pardo.

Pardo, que xunto o voceiro do grupo, Jorge Cubela e o resto de deputados provinciais asinaron a solicitude e compareceron diante do Pazo Provincial, insistiu en que “seguimos esixindo explicacións e responsabilidades políticas ante un silencio que é atronador e do todo inexplicable”.

Ademais, dixo que “as ameazas que chegaron no día de onte non nos van a amedrentar”, en referencia ás declaracións de López Font. “Non imos calar e seguiremos esixindo explicacións e responsabilidades políticas alá onde sexa necesario. É incomprensible este silencio nun estado democrático, por parte dunha responsable política e ante un caso tan grave como o que acaba de ratificar o Tribunal Supremo, que condena a máis de cinco anos de cárcere a un alto funcionario do mesmo concello por urdir unha trama cuxo único obxectivo era beneficiar economicamente á cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra”. Por iso, sosteñen que “por respecto institucional e por dignidade política o mínimo é dar unha explicación ao respecto”.

Para a popular, “non cabe na cabeza de ninguén que Carmela Silva non soubera que a súa cuñada estaba cobrando sen traballar do erario público de todos os vigueses. É inaceptable, e o seu silencio é inadmisible”.

Ademais, critica que se escuse detrás de López Font e que sexa o deputado socialista o que teña que saír a dar a cara, é unha vergonza. “Pídolle que, xa que presume de ser unha abandeirada da igualdade, que alce a súa voz para dar as explicacións pertinentes, e que asuma a súa responsabilidade política nesta trama. Non nos esquezamos de que en democracia a oposición pregunta e o Goberno responde”.

Thumbnail Q55A3666



Comentarios