El PP reclama al BNG el mismo criterio en Vigo y en la Diputación para reclamar responsabilidades políticas a Carmela Silva

|

  • Cubela critica que “mentres na cidade todos os partidos da oposición se uniron para reclamar unha comisión de investigación, na Deputación de Pontevedra instaurouse o mutismo no socio de Goberno”.
  • Sinala que “nin o sillón nin os soldos poden pesar tanto como para tragar tamén con esta situación, e por iso deben esixir explicacións”


O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, esixe ao BNG que manteña o mesmo criterio na Deputación de Pontevedra que no Concello de Vigo para reclamar responsabilidades políticas a Carmela Silva, tras a sentenza do Tribunal Supremo polo que un alto funcionario municipal vai ir cinco anos á cárcere por unha trama para contratar de xeito irregular á cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra, cobrando sen traballar do erario público de todos os vigueses.

Cubela di que “mentres na cidade todos os partidos da oposición se uniron para reclamar unha comisión de investigación, incluído o BNG, na Deputación de Pontevedra instaurouse o mutismo no socio de Goberno de Carmela Silva”. Para o popular, “unha actitude de indiferencia que é intolerable, cando estamos falando de que a maior trama de corrupción da historia recente de Galicia salpica directamente á presidenta da Deputación de Pontevedra”. Considera que “nin o sillón nin os soldos poden pesar tanto como para tragar tamén con esta situación, e por iso deben esixir explicacións ao seu socio de Goberno, ou romper o pacto”. Nesta liña, recorda que hai unha condena penal, pola que un alto funcionario do Concello de Vigo vai ir cinco anos á cárcere, pero tamén ten que haber unha responsabilidade política, “porque non cremos que sexa casualidade que a principal beneficiaria económica de toda esta trama sexa a familiar da presidenta”.

Por iso, piden que apoien a celebración do pleno extraordinario que o PP reclamou na Deputación de Pontevedra para esixir a Carmela Silva que asuma a súa responsabilidade e dimita. “O BNG non pode mirar cara outro lado na Deputación de Pontevedra ante un caso tan grave. Detrás do funcionario, xefe

de servizo e afín ao Goberno socialista, hai unha decisión política, e por iso Carmela Silva debe asumir a súa responsabilidade e dimitir”.

Con respecto á celebración do pleno extraordinario solicitado polo PP na Deputación de Pontevedra, os populares continúan esperando a súa convocatoria.

Comentarios