La Xunta pone a disposición de los niños y niñas de 5 a 11 años los test de antígenos o de fluido oral en las farmacias gallegas

|

A Xunta de Galicia pon a disposición dos nenos e nenas de 5 a 11 anos os test de antíxenos de fluído oral nas farmacias galegas. Os test chegan esta tarde á nosa Comunidade Autónoma, despois de que a Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde desbloqueara onte á tarde, a súa distribución dende o porto de Valencia, onde se produciron retrasos no Servizo de Aduanas.

Con todo, os test estarán dispoñibles xa nalgunhas das farmacias adheridas esta mesma tarde, e a todas elas na xornada de mañá sábado.

Cómpre lembrar que se o resultado do test é positivo, a persoa deberá confinarse e chamarase ao teléfono 881 54 00 45 onde indicarán que facer, e se lle pedirá unha proba PCR. En caso de que o resultado sexa negativo, debe, igualmente, seguir respectando as normas anti covid, que son a máscara, a distancia, a hixiene de mans e a ventilación.

Comentarios