A.V. de Teis, demanda de la ministra de transportes, soluciones a contaminación acústica y a los pasos elevados inseguros de la AP9.

|

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito o pasado mes de decembro, a  Raquel Sánchez Jiménez, Ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, para reivindicación solucións as demandas sobre a autoestrada AP-9 , que afectan a Teis,  como a necesidade da instalación de pantallas contra o ruído e a mellora dos pasos elevados sobre os camiños da Xorxa e A Trapa.

O  boletín oficial do Estado (BOE) publicaba o pasado 10 de novembro de 2021,o anuncio polo que sometía a información pública o proxecto de construción de pantallas acústicas na autoestrada AP9, tramo enlace O Morrazo enlace Teis. Está actuación só vai permitir a colocación pantallas nas parroquias de San Adrián de Cobres, de Cabanas e de Chapela, pero non en Teis.

Levamos  anos reivindicando unha actuación urxente na autoestrada da AP9, sobre á contaminación acústica, no tramo desde Padín até o centro da cidade de Vigo.

O Plan de Acción contra el Ruído 2ª fase, das estradas da rede do Estado en réxime de concesión, pendente aínda da súa aprobación desde 2016, recolle 26 zonas de actuación no Estado para reducir a contaminación acústica, entre as que destaca unha actuación no tramo Teis-Vigo, pois como recolle o mapa Estratéxico do Ruido (MER) elaborado por Audasa en 2012, hai datos moi preocupantes de contaminación acústica en Teis.

O mapa estratéxico del ruído (MER) elaborado por Audasa en 2012, recolle que un total de 5.000 domicilios e 13.500 persoas están expostas a máis de 55 dB. En Teis, hai veciños/as que soportan valores superiores a 60 dB, perto de 4300 veciños/as.


É un escándalo, que o tramo Teis-Vigo, uno dos máis poboados e con maior contaminación acústica, non se inclúa a instalación de pantallas acústicas. Cando é un tramo con vivendas a escasos metros da autoestrada e que padece el ruído da autoestrada desde hai décadas.

Outra cuestión importante que levamos reivindicando desde hai anos, é a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9, nos camiños da Xorxa e A Trapa, debido a súa falta de mantemento na  súa estrutura.

Estes pasos elevados sobre a autoestrada  construíronse  hai catro décadas, para impedir la incomunicación nestes lugares de Teis e permitir o paso de peóns e vehículos, así  acordouse con “Autopistas del Atlántico” e con Ministerio no ano 1979.  Desde entón  usáronse sen ningún problema. Ademais, sinalar que antes da existencia da autoestrada, estas vías xa tiñan os usos actuais.

Cando trasladamos esta demanda de mellorar estes pasos elevados a Demarcación de Estradas en Galiza,  afirmase que son pasarelas peonís, aínda que a súa  construción foi para impedir a incomunicación e o seu uso desde a súa inauguración permitiu o paso peóns e vehículos. La única conclusión é que non se quer inverter en mellorar estes pasos elevados, despois de 40 anos e  búscanse escusas.


A autoestrada AP9 dividiu  Teis, causando graves problemas á veciñanza que aínda padecemos a día de hoxe, o que non imos aceptar que se pretenda  continuar castigarnos, cuns pasos elevados inseguros e coa contaminación acústica.

Comentarios