Marta Fernández-Tapias y Puente visitan el ifevi coincidiendo con el inicio de la vacunación de los niños entre 5 y 7 años

|

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, achegáronse hoxe ata o recinto feiral de Vigo coincidindo co inicio da vacinación dos nenos entre 5 e 7 anos.

Tal e como informou a representante autonómica, Galicia lidera a vacinación infantil, con case un 54% dos nenos e nenas menores de 11 anos con polo menos unha dose. “Isto é 20 puntos por encima da media estatal”, engadiu. Así, explicou que 10.900 nenos de 5 a 6 anos da área de Vigo están citados desde este martes e ata o vindeiro xoves para recibir a primeira dose no Ifevi. En todo caso, recordou que nos días previos a Reis outros 12.100 nenos de entre 5 e 11 anos xa foron inoculados.

Pola súa banda, Javier Puente preguntado ao respecto da incidencia da covid-19 en Vigo, que é a área sanitaria que acumula o maior número de casos, sinalou que tanto a ocupación nos hospitais como na UCI é “relativamente estable” e que polo momento non hai sinal de alarma algunha.

En canto a Atención Primaria, reiterou que as 14 unidades de Atención Primaria da área de Vigo retomaron a súa actividade “con absoluta normalidade” tras a recomendación puntual de restrinxir as consultas, e toda vez que se reincorporaron os profesionais que estaban de vacacións ou de baixa. Segundo especificou, tratouse dunha medida asociada a un tema puntual e de tres días de duración.

20220111VisitaVacunacionIfevi



Comentarios